A baionesa Andrea Pais roza o bronce no Campionato de España Sub-20

A capital das Burgas converteuse o pasado fin de semana no epicentro nacional do atletismo. O recinto de Expourense acolleu os XLV Campionatos de España Sub-20 Masculino e o XL Campionato de España Sub-20 Feminino. A baionesa Andrea Pais logrou a súa mellor marca persoal. A júnior do Celta Atletismo saltaba á pista buscando deixar ben á representación galega, aproveitando que xogaba en casa. Comezaría o sábado nos 200 metros a súa pelexa por un posto na final, impoñéndose con comodidade na Rolda 1 (25’54) na súa serie e pasando nas semifinais en 2º posto con 25’34. Na Final B, remataría en 4ª posición con 25’31, a unha décima de segundo do bronce.

Anuncios