Anuncios
Ticker de novas

O Vincios volve á senda de la vitoria

FOTO: AD VINCIOS // Moisés Álvarez.

A pasada xornada no seu desprazamento a Cartaxena o AD Vincios volveu reencontrarse coa vitoria, ao derrotar ao UCAM, actual campión de España, por 4-1. Aínda que o equipo cartaxinés non se atopa no seu mellor momento, o encontro presentábase aberto e con gran incerteza do resultado. Tras realizarse o sorteo de emparellamento de xogadores, o Vincios atopouse cunha situación favorable, pois o seu xogador número 1 Ievgen Pryshchepa, a priori o de mellor ránking dos dous equipos, enfrontábase aos números 1 e 2 do UCAM, o español Miguel Vilchez e o chinés Tsai Chun Yu, aos que acabou derrotando con parciais de 3-1 no primeiro e último partido do encontro.

Tras a primeira vitoria de Pryshchepa, e con toda a presión para o xogador israelí do UCAM Michael Tauber, este viuse superado polo xogo rápido e agresivo de Moisés Álvarez, que rematou o partido cun parcial de 3-1. Con 2-0 arriba para o Vincios enfrontáronse Miguel Vilchez e Martín Pintos, con vitoria para o primeiro por 3-1.

O cuarto partido, que enfrontou ao chinés Tsai Chun Yu e a Moisés Álvarez, converteuse no decisivo do encontro, ao vencer 3-2 Moisés tras un durísimo encontro, con parciais 6-11, 11-6, 11-8, 4-11 e 10-12 para o xogador gondomareño, rematando o último set con vitoria tras ir perdendo con parciais de 9-5 e 10-8. Con 3-1 a favor, Pryshchepa venceu a Vilchez por 3-1, alzándose Vincios con 2 novos puntos que lle seguen mantendo nunha cómoda quinta praza da clasificación, situándose en postos europeos.

Hoxe venres, dispútase a no IES Terra de Turonio de Gondomar, ás 19:00 horas, un emocionante partido contra o San Sebastián de los Reyes, equipo situado na sétima praza.

Anuncios