José Luis Corral fala en Baiona da continuación do espírito de Reconquista

Este mércores día 28 de febreiro continúa o VI Ciclo de Conferencias “Pueblos Colombinos de España”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona con motivo do 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta. O Parador Conde de Gondomar acolle as charlas, ás 19:30 horas, no Salón Medieval Monterreal.

José Luis Corral, Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Zaragoza, ofrecerá unha charla que ten por título “De América a Baiona: A Continuación do espírito de Reconquista”. O escritor e catedrático é tamén fundador e foi presidente da Asociación Aragonesa de Escritores. Foi asesor histórico de Ridley Scott na película “1492 La conquista del paraíso”. Como historiador publicou trinta e cinco libros, entre outros “Historial universal de la pena de muerte” (2005), “Breve historia de la Orden del Temple” (2006), “Una historia de España” (2008) o “El enigma de las catedrales” (2012). Está considerado “el maestro de la novela histórica española contemporánea” por obras como “El salón dorado” (1996), “El Cid” (2000), “Trafalgar” (2001), “Numancia” (2003), “El número de Dios” (2004), “¡Independencia!” (2005), “El caballero del Templo” (2016), “La prisionera de Roma” (2011), “El códice del peregrino” (2012), “El médico hereje” (2013) ou “El trono maldito” (2014, con Antonio Piñero). Corral é considerado “un dos historiadores españois” de maior prestixio internacional.

Anuncios