Anuncios
Ticker de novas

ATSA reforza os seus servizos con Vigo e habilita unha liña especial co Baixo Miño pola Arribada

A empresa de transporte público ATSA reforzará este fin de semana o seu servizo con motivo da Festa da Arribada de Baiona, que este ano se celebra os días 2, 3 e 4 de marzo.

Tanto o sábado 3 como o domingo 4 haberá saídas desde Baiona cada hora desde as 7:00 ata as 10:00 e cada media hora desde as 11:00 ata as 21:30 horas. Desde Vigo haberá servizo de autobús cada hora desde as 8:00 ata as 11:00 e cada media hora desde as 12:00 ata as 22:30 horas.

Ademais, haberá unha ruta especial para que todos os veciños do Baixo Miño poidan gozar da noite do sábado sen necesidade de coller o coche. Un autobús sairá de Tomiño ás 21:00 horas, pasando por Goián, Pías, O Rosal ás 21:15, A Guarda ás 21:30 e Oia ás 21:45 (horarios aproximados). O domingo ás 6:00 da mañá será o percorrido inverso, por Oia, A Guarda, O Rosal, Goián e Tomiño.

Anuncios