Baiona abre o prazo para inscribirse no Programa de Conciliación Familiar de Semana Santa

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Ángel Rodal e Carmen Paredes, na clausura do Programa de Conciliacion de Nadal 2016.

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, presenta o Programa de Conciliación Semana Santa 2018 do Concello de Baiona, que ten como obxectivo promover a conciliación da vida laboral e familiar e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos favorecendo o seu desenvolvemento integral.

O programa desenvolverase no mes de marzo e abril, nas seguintes datas: o 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril, no CPI Cova Terreña en horario de 9:00 a 14:00 horas. Aínda que en caso de familias que o necesiten, establecerase unha flexibilidade horaria de entrada de 8:00 a 9:00 e de saída de 14:00 a 15:00 horas.

O prezo público da prestación do servizo é de 30 euros por praza de conformidade co sinalado no artigo 5 da Ordenanza Reguladora do Prezo Publico esixido pola prestación de servizos e actividades dependentes da Concellería de Asuntos Sociais, Benestar e da Igualdade. Existen bonificacións para certas circunstancias e situacións (consultar convocatoria).

Requisitos mínimos para participar no Programa

Os nenos e nenas deben ter nacido entre os anos 2006 e 2014 e unha das persoas proxenitoras ou titoras deben estar empadroadas no municipio con data anterior á convocatoria (non é necesario acreditalo, o Concello de Baiona verificará que a persoa solicitante está empadroada no municipio) ou que a nena ou neno para o cal se solicite praza estivese escolarizado/a en o curso escolar 2017-2018 nun centro educativo do municipio de Baiona.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude (Anexo I) debidamente cumprimentada e asinada, xunto a documentación requirida no punto 7 da convocatoria, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica desde o martes 27 de febreiro ata o luns 12 de marzo ambos os dous incluídos.

As bases da Convocatoria están dispoñibles na páxina web do Concello http://www.baiona.org/. Tamén no CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Baiona, situado na Rúa Dolores Agrelo, 16, (á beira do Pavillón de Deportes Municipal), e no rexistro de entrada do Concello en ambos os dous casos en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Máis información no teléfono 986 35 75 54.

Anuncios