Anuncios
Ticker de novas

A baionesa Andrea Pais proclámase campioa galega Sub-20 en pista cuberta

Andrea no máis alto do podio.

O Recinto Feiral Expourense acolleu o sábado o LXI Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub-18 e Sub-20, organizado pola Federación Galega de Atletismo. Andrea Pais, do Feminino Celta, proclamouse campioa galega Sub-20 nos 400 metros. A baionesa conseguiu a medalla de ouro cun tempo de 1:00.29, superando a Antía Rodríguez, do Ourense Atletismo, que finalizou en 1:01.91. Pechando o podio, Lucía Cardeín, compañeira de Andrea no Feminino Celta, cun tempo de 1:02.76.

Anuncios