Anuncios
Ticker de novas

O BNG organiza un coloquio sobre a folga feminista do 8 de marzo en Gondomar

O BNG de Gondomar organiza, este venres 23 de febreiro, o coloquio “8 de marzo: cara a folga feminista”. Será no Café Rañolas a partir das 20:15 horas e estará moderado pola responsable local de acción feminista, Mercedes Fernández, contando coa participación da secretaria da federación da banca da CIG, Sefi Romero, e da secretaria da federación de industria, Mercedes Domínguez. Abordaranse as razóns que fan necesaria esta xornada folga.

Anuncios