Sin categoría

II Festival Solidario de Danza Bambú Nigrán a favor de Bai.senpulgas

Bambú Nigrán e o Concello de Nigrán organizan o segundo Festival Solidario de Danza a favor da protectora Bai.senpulgas. Será este domingo 25 de febreiro, ás 18:00 horas no Salón de Actos Municipal do Concello de Nigrán. Contará con máis de 150 participantes (danza, folclórico, música, canto…. aberto para todos os públicos e idades. A achega solidaria será de 2 euros.