A Concellería de Comercio do Concello de Baiona, tras facer a pertinente consulta á Secretaría Xeral de Comercio, informa que segundo a lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia no seu capítulo III, artigo 8, apartado H, permítese abrir os festivos locais aos establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente. Así pois, os establecementos que cumpran estes requisitos poderán abrir ao público o vindeiro venres, día 2 de marzo, festivo local con motivo da Festa da Arribada no municipio de Baiona.
Os establecementos de ata 300 m2 poderán abrir o venres 2 de marzo, festivo local en Baiona

