Anuncios
Ticker de novas

O Enterro da Sardiña pecha o Entroido baionés

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Enterro da Sardiña en Baiona.

Centos de persoas participaron este domingo no tradicional Enterro da Sardiña de Baiona, que se celebrou ao finalizar o Desfile de Comparsas e que pon o punto e final ao Entroido 2018.

A comitiva fúnebre saíu da Rúa Carabela Pinta acompañada pola Charanga Nova Cubana, percorrendo Ventura Misa, a Praza de Pedro de Castro, o Paseo Elduayen e Ramón y Cajal para finalizar no Paseo Ribeira.

Xa na Praia Ribeira procedeuse á queima de Dona Sardiña cunha gran tirada de lumes a cargo de Pirotecnia Argimiro Alborés.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios