Anuncios
Ticker de novas

Detido un veciño de Nigrán como presunto autor do roubo nunha tenda de informática da localidade

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Garda Civil detivo a un veciño de Nigrán que estaba reclamado por un Xulgado de Instrución de Vigo e, ao mesmo tempo, buscábaselle como presunto autor dun roubo perpetrado o ano pasado en Nigrán.

A.R.F., de 38 anos, estaba a ser buscado pola súa presunta vinculación cun roubo que se cometeu o mes de outubro do ano pasado nunha tenda de informática de Nigrán, de onde supostamente levouse dous computadores portátiles, dous discos duros, un TDT e 550 euros en efectivo.

As investigacións realizadas no seu momento polos efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, concluíran coa identificación desta persoa, que desde entón atopábase en paradoiro descoñecido, como suposto autor do roubo.

No momento da detención que levouse a cabo a pasada semana nunha céntrica rúa da localidade de Nigrán, púidose constatar que tamén figuraba cunha orde vixente de procura, detención e personación, ditada polo Xulgado de Instrución nº 7 dos de Vigo, por outro asunto penal distinto.

O detido, que ten un amplo historial delituoso, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución nº 5 de Vigo, en funcións de garda.

Anuncios