A Xunta explica a veciños e comuneiros de Chandebrito a actuación que se levará a cabo na contorna

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantiveron hoxe un encontro cos representantes dos veciños e da comunidade de Montes para explicarlles de primeira man os traballos que ten previsto executar a Consellería do Medio Rural, tras recibir o informe elaborado pola Universidade de Vigo.

A consellería xa ten listo o correspondente documento técnico que estipula un custo de obra superior aos 60.000 euros e que poderá comezar a executarse unha vez que os propietarios das parcelas as poñan á disposición da Xunta. A pesar de non ser competencia deste departamento autonómico, por responsabilidade a consellería decidiu facerse cargo deste proxecto dado o elevado custo da actuación e para garantir a seguridade dos veciños.

Anuncios