Anuncios
Ticker de novas

Nigrán tamén surfea no Entroido

Patos Surf celebrou o pasado sábado o seu “Carnaval Surfero”, unha xornada iniciada no 2009 na que todos os surfeiros da Praia de Patos disfrázanse para celebrar o Entroido. O peculiar desta sesión é que os surfeiros teñen que ir á auga disfrazados e tentar surfear co disfrace durante o maior tempo posible.

Así, puidéronse ver dinosauros, bolboretas, enfermeiros, exipcias, brancaneves, mostruos das galletas, mergulladoras ou vacas, unha chea de colorido surfeando nas ondas da Praia de Patos. E ao finalizar a sesión, repartíronse premios aos mellores disfraces e degustouse un chocolate quente acompañado de doces típicos destas datas.

Anuncios