Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi abre as inscricións para participar na 6ª Feira “Portobelo” en Gondomar

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) está a organizar a 6ª Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, que se celebrará o domingo 11 de marzo no centro de Gondomar.

Trátase dunha feira de carácter multisectorial que se celebra coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

A feira contará ademais con animación e obradoiros infantís, e pola tarde, Bai.Senpulgas ofrecerá unha master class de zumba.

Os establecementos interesados en participar deben poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios Ovalmi a través do teléfono 986 36 67 30 ou por medio do correo asociacion@ovalmi.com.

Anuncios