Anuncios
Ticker de novas

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Nigrán renova a súa executiva nun 85%

A Agrupación Municipal do PSdG-PSOE de Nigrán celebrou o pasado 19 de xaneiro unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Comisión Executiva Municipal, presentándose unha única lista aprobada por maioría. Esta nova executiva dá relevo á que funcionaba dende 2012 e está composta por 14 membros dos que só dous repiten, Rubén Rial (edil de Seguridade e Vías e Obras), continúa á fronte na Secretaría Xeral, e Bibiana Peixoto pasa a ocupar a Vicesecretaría de Organización.

Nesta nova comisión executiva destaca a entrada coma presidente de honra de Juan González, actual alcalde de Nigrán, ou a incorporación de Rafael Castro de la Cruz como secretario de Organización, licenciado en Química. A nova executiva ao completo queda formada por:

• Secretaría xeral: Rubén Rial
• Secretaría de organización, acción electoral, administración e formación: Rafael Castro
• Vicesecretaría de organización, acción electoral, administración e formación: Bibiana Peixoto Iglesias
• Secretaría de igualdade e deportes: Marina Vidal Lorenzo
• Secretaría de xuventude e sanidade: Ana Prieto González
• Secretaría de política municipal e economía: Raquel Giráldez Armas
• Secretaría de medio ambiente, turismo e comercio: Jose Luís Prieto Blanco
• Secretaría de dinamización sede agrupación: Jesús Manuel Costas Costas Garvin
• Secretaría de emprego: Patricia Diego Travieso
• Secretaría de relacións veciñais: Ladislao Alonso Valverde
• Secretaría de medio rural e política forestal: Lucio Gil Sanz-Cruzado
• Secretaría de servizos sociais: Joaquina Barros Sanromán
• Secretaría de educación: Josefa Barreiro Veloso
• Presidencia: Juan A. González Pérez

Anuncios