Anuncios
Ticker de novas

Máis de 900 persoas participarán no desfile de comparsas de Baiona

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Desfile de Comparsas en Baiona.

O Concello de Baiona arranca mañá, sábado 10 de febreiro, a súa programación de Entroido coa actividade “Diver Entroido”. Os máis pequenos da casa poderán gozar de inchables, obradoiros, discoteca e animación desde as 16:00 ata as 20:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes.

O Desfile de Comparsas terá lugar o martes, día 13, e nel participarán máis de 900 integrantes de 16 comparsas inscritas de Baiona, Nigrán Gondomar, Vigo, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior. Ás 17:00 horas sairán da avenida urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar na Alameda Carabela Pinta, onde, tras a deliberación do xurado, farase entrega dos premios ás comparsas gañadoras. A primeira clasificada recibirá 900 €, a segunda 650 € e a terceira 500 €.

Os actos continuarán ao día seguinte, mércores de cinza, co enterro da sardiña desde a Praza do Concello ata a Praia Ribeira, onde terá lugar o enterro. Todo iso acompañado pola música da Charanga Nova Cubana.

Anuncios