Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán participa no V Torneo de Entroido do CB Redondela cos seus 4 equipos de minibasket

FOTO: CB NIGRÁN // Equipo baby do CB Nigrán.

O Club Baloncesto Nigrán acudirá un ano máis ao V Torneo de Entroido organizado polo CB Redondela e que terá lugar no Pavillón A Marisma o vindeiro sábado día 10. O club de Nigrán acudirá con 4 equipos pertencentes ás categorías baby, benxamín e alevín, categoría da que chegarán os seus dous equipos formados na súa maioría por xogadores e xogadoras das escolas deportivas que o club ten nos colexios de Nigrán.

Non é a primeira vez que o CB Nigrán acode a este torneo organizado polo CB Redondela, é unha cita habitual cada tempada e supón xa o cuarto ano que participan. Nesta ocasión colaborarán tamén na recollida de alimentos que levará a cabo o club anfitrión en colaboración con Cáritas achegando un quilo ou máis de alimentos por cada un dos xogadores e xogadoras que asistirán ao devandito torneo.

Anuncios