Anuncios
Ticker de novas

Baiona convida aos maiores do municipio a unha comida de San Valentín

O Concello de Baiona, a través da Mancomunidade do Val Miñor e do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor VI, convida ás persoas maiores de 65 anos do municipio a unha comida que se celebrará o mércores día 14 de febreiro con motivo do Día de San Valentín. O lugar da comida será o Colexio de Educación Especial de Panxón, centro onde se desenvolven as sesións de formación para o alumnado do Obradoiro.

Esta iniciativa, levada a cabo tamén o ano pasado, ten como obxectivo principal que os maiores pasen unha velada de convivencia compartindo esta data en harmonía e compañía dalgúns veciños. Ademais serve para que os alumnos do Obradoiro elaboren un xantar e un cóctel de benvida e poñan en práctica os coñecementos que están adquirindo.

Para poder asistir á comida, con límite de prazas, todas as persoas que queiran participar deben inscribirse antes do día 8 de febreiro no Departamento de Servizos Sociais de Baiona. A actividade é gratuíta.

Anuncios