Anuncios
Ticker de novas

O novo Kincar está deseñado e fabricado en Nigrán

O novo Kinkar é un vehículo fabricado nos talleres de Moto Kasko situados en Nigrán baixo a aprobación da Real Federación Española de Automobilismo e o deseño de Joaquín Chamorro Amil, piloto de ampla experiencia e traxectoria na competición do Car Cros.

A presentación deste novo modelo tivo lugar no Parador Nacional de Turismo de Baiona, un acto que contou coa presenza de máis de 200 invitados que aplaudiron e ovacionaron a un emocionado Chamorro que viu realizado este proxecto persoal. No escenario acompañáronlle os pilotos Fernando Viadero, David Masoliver e Rubén Riveiro.

O taller do Val Miñor de Moto Kasko converteuse en todo un referente nacional na actividade deportiva do motor das catro rodas en terra, grazas á inquietude do seu propietario que fixo valer o alto grao de coñecemento na mecánica deste tipo de vehículos, construíndo un modelo que, baixo a denominación de Kinkar 2018, brilla a estética do seu acabado nunhas dimensións de 2,50 x 1,60 metros, albergando no seu interior un chasis tubular que sostén un motor de 600 CC., ofrecendo unha potencia de 120 CV. e unha velocidade de 160 km./ h., condensando todo iso sobre un peso aproximado de 250 kg.

O público presente, a gran maioría vinculado ao mundo do motor, puido coñecer, de primeira man, este novo deseño nado para a competición que, tras pasar a súa gran estrea en proba real ao gañar a primeira proba do Campionato de España de Car Cros, comeza a súa fabricación en serie.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación galega, o I+D+i aplicado ao ámbito do deporte do motor con gran éxito desde Nigrán, novos proxectos levados a cabo por emprendedores con ilusión e alto coñecemento do mercado da especialidade.

Anuncios
error: Content is protected !!