Catro comparsas participarán no certame de coplas de Entroido de Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // I Certame de Coplas de Entroido en Gondomar.

Este Domingo Corredoiro, día 4 de febreiro, celebrarase o certame de coplas do Entroido organizado pola Asociación Cultural Centáurea coa colaboración do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Participarán as comparsas Os Tarteiras de Vigo, Animodo de Domaio, Esensias O’Liosas de Peitieiros e As Vellas do Táper de Chaín.

A troula iniciarase ás once e media da mañá, saíndo en desfile dende a Alameda até a praza de Ángel Urzáiz, onde as comparsas participantes interpretarán cadansúas coplas. O acto será presentado e amenizado polos regueifeiros Bieito Lobariñas e Luís Caruncho, e ao remate agasallarase cun diploma á comparsa mellor valorada, e cuns petiscos ás persoas participantes.