A Cento Cien celebra este domingo o seu cuarto Moto Carnaval

O Moto Club A Cento Cien, coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar, organiza este domingo día 4 de febreiro a cuarta edición do Moto Carnaval. A xornada inclúe ruta moteira polo Val Miñor, e despois unha parada para gozar duns petiscos, durante os cales se entregarán os premios aos disfraces e motos máis orixinais. O gañador do concurso sairá no cartel do Moto Carnaval do 2019. A saída será ás 16:30 horas desde a Praza do Concello de Gondomar.