Festa de Entroido no Centro Cultural de Vincios

A Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios organiza este sábado día 3 de febreiro unha Festa de Entroido no Centro Cultural da parroquia. A partir das 17:00 horas, “Voltereta e Volvoreta” acompañarán aos máis pequenos, e pola noite, a partir das 23:00 horas, será a quenda dos maiores, con DJ Tony e DJ Yogüi e concurso de disfraces.

Anuncios