Festa das Candeas e Romaría de San Blas en Mañufe

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Blas en Mañufe.

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra este fin de semana a Festa das Candeas e a Romaría de San Blas. O venres 2 de febreiro haberá Misa e bendición das velas ás 18:45 horas. O sábado 3 ás 11:00 da mañá a Banda de Música Unión Musical de Valadares ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:30 comezará a Misa Solemne con Sermón, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que dará ao finalizar un concerto e pola noite, a partir das 21:00 horas, amenizará a verbena no torreiro de festas xunto coa gran orquestra Marbella. Tamén se celebrarán Misas cada hora, pola mañá desde as 8:00 ata as 11:00, e pola tarde desde as 17:00 ata as 20:00 horas. En todas elas farase a bendición do pan e outros alimentos.