
A Comisión de Festas San Roque de Camos 2018 organiza o vindeiro domingo 25 de febreiro unha comida con empanada, lacón con grelos e chourizo, viño tinto, branco e auga, pan, sobremesa e café, cun prezo de 18 euros por comensal. A venda de tickets anticipada realizarase no bar da comisión ou no teléfono 669 543 904. A comida será no bar da Comisión de Festas de Camos a partir das 14:00 horas.