O Baíña de Preferente recibe ao Verín

Este domingo ás 16:15 horas no Pavillón Municipal de Baiona o Baíña FS recibe ao equipo ourensán do Verín, partido correspondente á Liga Sénior Preferente. O equipo baionés tratará de buscar os tres puntos para pechar unha gran primeira volta e seguir loitando por escalar postos na clasificación. No descanso do encontro celebrarase un concurso de puntería e toques con premios para os máis acertados, no que poderán participar todos os nenos entre 4 e 15 anos. O sénior sub 23 pola súa banda recibe o sábado ás 17:30 horas no Municipal de Baiona ao Randufe/Quinta de Tui.

Os equipos de base do club, este ano desde prebenxamíns a xuvenil, disputarán os seus partidos entre a mañá do sábado e do domingo. Nos equipos aínda quedan prazas vacantes por se algún neno ou nena desexa apuntarse. Máis información no correo do club baifutsal@gmail.com ou nos teléfonos 644 860 260 (Santi Rodríguez) ou 617 902 730 (Daniel Alvárez).