O Concello de Nigrán, en colaboración coa Rondalla de Santiago de Parada, dispón dun autobús gratis para os veciños que desexen acudir ao I Concurso de Rondallas que terá lugar este domingo no Ifevi (Vigo) dende as 17:00 horas. Os interesados deben anotarse previamente no teléfono 669 017 974. No certame, organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, participa a agrupación de Parada.
Nigrán dispón dun autobús gratis para os asistentes ao I Concurso de Rondallas

