Sin categoría

Avelaíña recibe 6.000 € para fomentar a autonomía persoal de 25 usuarios do Centro de Baiona

A Asociación Avelaíña recibe unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra a través da convocatoria anual de subvencións a entidades sen fin de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “Promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave”.

Estas persoas padecen déficits funcionais en áreas relacionadas coa hixiene persoal, os hábitos saudables, e no manexo da contorna social e doméstico, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saudable. Neste sentido, inclúense contidos especializados sobre educación para a saúde, habilidades da vida diaria, como cociña básica, hixiene, economía doméstica, así como habilidades sociais, entre outros.

A contía concedida é de 6.000 € que axudará a 25 usuarios do Centro de Baiona a recuperar habilidades persoais e sociais a través deste Programa.