O Centro Cultural de Baíña organiza unha excursión a Manzaneda

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha excursión a Manzaneda o vindeiro sábado 3 de febreiro, con saída ás 8:30 da mañá. O prezo da viaxe é de 12 euros para os socios, 15 euros para os non socios e de 10 euros para os nenos e nenas, incluíndo o autobús, pero non a comida.