Anuncios
Ticker de novas

Almuiña clausura en Baiona os V Encontros sobre esclerose múltiple

FOTO: XUNTA DE GALICIA // Almuiña nos V Encontros sobre esclerose múltiple en Baiona.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou hoxe os V Encontros sobre esclerose múltiple que se celebraron no Parador de Baiona lembrando que en Galicia hai preto de 2.200 persoas afectadas por esta enfermidade, uns 80 afectados por cada 100.000 habitantes. Para Almuiña, a atención as persoas con esclerose múltiple ten que tratarse cunha abordaxe integral que permita a adecuada coordinación entre os recursos sanitarios, sociais e as asociacións de pacientes, das que dixo, fan un traballo realmente importante.

O conselleiro afirmou que contamos con centros e profesionais de gran especialización e competencia, como o Servizo de neuroloxía do CHUS, que é un dos 12 centros de referencia de esclerose múltiple designados polo Ministerio. Estes centros só existen en 8 comunidades, o que é indicativo do nivel da calidade asistencial a esta enfermidade en Galicia.

Anuncios
error: Content is protected !!