Sin categoría

A Aula de Teatro de Gondomar presenta este domingo “Pataclown”

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar nos empraza este domingo 21 de xaneiro no Auditorio Lois Tobio ás 18:00 horas a unha cita que vai desbordar cos risos.

A Aula de Teatro do Concello de Gondomar leva sete anos investigando todas as posibilidades é xéneros do teatro. Chegados a este punto, presentan a obra “Pataclown”, coa que este grupo de mozos nos amosan outra das múltiples experiencias escénicas posibles, esta vez detrás dunha nariz vermella.

Baixo a inocente aparencia de 12 pallasas, a súa directora Lola Correa nos amosa neste traballo que todo é posible para un clown.

O Concello de Gondomar, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, leva dez anos apostando polo traballo da Aula de Teatro. Teñen nas súas costas máis de oito obras representadas e ano a ano sorprende e agrada, traballando cun grupo de mozos e mozas que van mudando pero o obxectivo final, o teatro, segue firme.