As rondallas de Chaín e Vincios desfilarán este sábado por Gondomar de Portugal

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // A Rondalla de Vincios no Encontro de Rondallas de Gondomar.

Este sábado día 20 de xaneiro unha comitiva encabezada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitará a localidade de Gondomar de Portugal, onde serán recibidos polo Presidente da Cámara Municipal, Marco Martíns, e demais autoridades do país, como acto de irmandamento do novo ano. A comitiva irá acompañada polas rondallas de Chaín e Vincios, que desfilarán polas rúas da cidade.