Sin categoría

E se Baiona, Gondomar ou Nigrán aparecesen no próximo Monopoly España?

Unha votación popular decidirá as cidades e os pobos españois que ocuparán as 22 casas do taboleiro da próxima edición de Monopoly España, segundo informou a compañía creadora do xogo, Hasbro. A votación empezou este mesmo mércores na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid, e foi inaugurada polo presentador de Operación Triunfo, Roberto Leal, que votou pola súa cidade natal, Alcalá de Guadaíra (Sevilla).

Así, durante oito semanas os cidadáns poderán votar pola cidade ou pobo que queiran que apareza neste xogo de mesa entrando na web votamonopolyespaña.com. O 17 de marzo finalizarán as votacións e o 19 daranse a coñecer os resultados, coincidindo co Día Mundial de Mr. Monopoly, a través da mesma web e da páxina oficial de Facebook.

O taboleiro de Monopoly España estará formado polas 20 capitais de provincia e os dous pobos ou cidades que máis votacións consigan. Sairá á venda a finais de 2018, coincidindo con Nadal.