Sin categoría

A Praza de Abastos de Baiona acolle a exposición “O relevo e as súas formas” do CPI Cova Terreña

A Praza de Abastos de Baiona acolle do 15 de xaneiro ao 1 de marzo unha mostra sobre diversas formas do relevo que nos atopamos na superficie da codia terrestre e tamén no fondo dos océanos, a formación do relevo: volcáns e os océanos e os continentes.

Os traballos expostos abarcan principalmente maquetas feitas polo alumnado de 1º de ESO do Centro Público Integrado de Cova Terreña, durante o primeiro trimestre, baixo a supervisión da profesora de Xeografía e Historia, Loreto Raya.

2018-01-18 - ExpoRelevo1