Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil investiga o asalto violento a un home na súa casa de Praia América

A Garda Civil investiga un asalto con violencia a plena luz do día nun chalé de Nigrán. Contra as doce do mediodía do luns dous individuos encapuchados entraron no xardín desta vivenda en primeira liña de Praia América, onde sorprenderon ao propietario e obrigárono a entrar na casa.

Unha vez no interior amordazárono e atárono de pés e mans. Ao parecer os asaltantes buscaban a caixa forte e déronlle unha malleira ao home para descubrir a súa localización. Malia que o suceso ocorreu a plena luz do día, case ninguén se decatou, e os veciños din que é unha zona tranquila.

Os ladróns fuxiron cun botín de douscentos euros e o propietario da casa tivo que ser atendido nun centro médico a causa dos golpes. Mentres, a Garda Civil pide a colaboración cidadá para dar cos autores do atraco violento.

Anuncios