A baionesa Andrea Pais proclámase subcampioa galega en pista cuberta

FOTO: CELTA ATLETISMO // Andrea Pais.

Expourense foi escenario o pasado 13 de xaneiro da disputa do XXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta, organizado pola Federación Galega de Atletismo. Andrea Pais, do Feminino Celta, proclamouse subcampioa nos 200 metros, mantendo un fermoso duelo con Paula Iglesias do Riazor Coruña, no que a coruñesa acabaría por impoñerse con 25.47. A baionesa conseguiu a medalla de prata cun tempo de 25.76, e pechando o podio, Xiana González Estévez, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, cun tempo de 26.52.

Anuncios