Anuncios
Ticker de novas

Vitoria do nigranés Iván Roade na Subida ao Castro

Iván Roade Lago conseguiu este domingo a vitoria na XII edición da Subida ao Castro, cumprindo o reto de subir desde o nivel do mar ata o cume da cidade de Vigo. O atleta de Nigrán, integrante do Bikila, completou o percorrido de 3 quilómetros, con 532 chanzos e máis de 152 metros de desnivel incluídos, entre o Náutico de Vigo e o Monte do Castro, nun tempo de 11:19, moi preto dos 11:16 de Óscar Bernárdez da pasada edición e récord da proba.

Con esta vitoria, Roade proclámase ademais gañador do circuíto de carreiras Run Run Vigo, que comezou no mes de abril do 2017 coa Vig-Bay, e incluíu a Happy Go Running, a Carreira da Cereixa, a Nocturna Correndo por Vigo, a Nocturna de San Xoán, a 10K Xornadas Marisqueiras, a Carreira Vigo contra o Cancro e a Vigo 11. O nigranés conseguiu a vitoria en catro das nove probas, ademais de dous segundos postos, un terceiro e un noveno.

O percorrido da XII Subida ao Castro, que contou coa participación de preto de 400 runners, discorreu por Montero Ríos, García Olloqui, Luis Taboada, Areal, Cánovas del Castillo, Teófilo Llorente, Escaleiras de A Pedra, Cárcere Vella, Oliva, Praza da Igrexa, Real, Praza de Alemida, Méndez Núñez, Misericordia, Elduayen, Praza de Argüelles, Praza de Calatrava, Subida a Costa, San Sebastián, Subida ao Castelo, Calexón Estreito, Praza do Rei, Camelias, Cronista Xosé Mª Álvarez Blázquez, Paseo Rosalía de Castro e Castelo de San Sebastián no Castro.

Anuncios