Sin categoría

Nova xoia para o arquivo da Biblioteca Municipal de Baiona

A Bibliteca de Baiona conta desde hoxe cunha xoia máis no seu arquivo grazas á doazón realizada polo médico D. Luis Martínez Novoa. Trátase do traballo realizado, para optar ao Grao de Licenciatura de Medicina, modalidade tesina, realizado en 1986 na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, titulado “Demanda Sanitaria en Baiona. Unha aproximación ao coñecemento da demanda sanitaria do medio costeiro galego”.

O exemplar arroxa datos moi interesantes sobre aspectos como a socioloxía, a economía e estatísticas de fai máis de trinta e dous anos, da poboación da Vila, e ademais recolle anécdotas vividas polo Doutor Martínez Novoa durante os 5 anos que estivo a exercer de médico na Casa do Mar de Baiona.

O alcalde, Ángel Rodal, destacou que esta doazón en favor da Vila “vén completar o extenso arquivo municipal e supón unha gran contribución ao patrimonio baionés que agora estará a disposición de todos os veciños”, e que poden observar a evolución da medicina preventiva máis próxima aos veciños durante estas tres últimas décadas.