Baiona buscará alternativas para evitar a falta de auga en caso de novas secas

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Ángel Rodal e María Iglesias no encoro de Baíña.

Coas choivas rexistradas nos últimos días e tras un mes de decembro chuvioso, pódese dar por resolto o problema de seca que estaba a vivir o encoro de Baíña.

Durante esta mañá o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, xunto coa Concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias, visitaron o encoro e comprobaron in situ que o mesmo nestes momentos atópase ao 100 % da súa capacidade, é dicir con 700.000 m3.

O rexedor baionés recalca que non debemos esquecer facer un consumo responsable e óptimo da auga por parte dos cidadáns, co fin de poder garantir o abastecemento en caso de novos episodios de seca.

Así mesmo sinalou que aínda que actualmente está garantida esta subministración, debido ao cambio climático vivido nos últimos anos as probabilidades de que un episodio parecido repítase é moi probable polo que buscará xunto con Augas de Galicia alternativas que favorezan a unha solución a longo prazo.

Anuncios