Anuncios
Ticker de novas

As choivas provocan un desprendemento de terra en Morgadáns

FOTO: ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS // Estado no que quedou a calzada.

As intensas choivas desta madrugada provocaron un desprendemento de terra na estrada PO-341, que une Vincios con Couso, á altura da Igrexa de Morgadáns. A estrada permaneceu cortada durante horas mentres as brigadas de Conservación de Estradas retiraron todos os restos que se precipitaron á calzada cunha retroexcavadora e un camión. Nestes momentos a vía xa está completamente limpa e pódese circular con normalidade.

Anuncios