Sin categoría

11 Rondallas desfilarán este sábado polas rúas de Gondomar

Gondomar pecha este sábado día 6 de xaneiro a programación de Nadal organizada pola Concellería de Cultura coa celebración do tradicional Encontro de Rondallas de Reis, que se leva realizando desde 1903 e que cumpre este ano a súa XXXVI edición.

Un total de 11 Rondallas, 10 delas abandeiradas, animarán o centro da vila entre as 10:00 e as 14:30 horas. Unha a unha iranse formando na rotonda da rúa Ameixeira, para desfilar logo ata o Concello, onde saudarán ás autoridades e ofrecerán a súa actuación. Despois, e antes do pasarrúas final pola Avda. Elduayen, terá lugar o vistoso encontro entre Rondallas e cruzamento de bandeiras.

Participarán as Rondallas da Asociación Cultural Santiaguiño de Guizán, Santa Eulalia de Mos, Asociación Cultural Musical de Pontellas, Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, Centro Cultural A Merced de Chaín, Asociación Cultural e Social de Herville, Santiago de Parada, Centro Cultural de Beade, Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Asociación Cultural Peña Freixo e Asociación Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns. Cada unha das agrupacións recibirá unha axuda de 950 euros pola súa asistencia.