Gondomar suspende o Nacemento Vivente

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Nacemento Vivente en Gondomar.

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar infórmase que o Nacemento Vivente previsto para este venres 5 de xaneiro, organizado coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais San Bieito, queda suspendido polas previsións meteorolóxicas.

O Belén cumpriu o pasado ano a súa sexta edición coa participación de máis de medio centenar de veciños. Situado no parque da Coelleira, contaba cun muíño xunto ao Río Miñor, onde se podían contemplar pequenos pescadores e lavandeiras, froitaría, panadería, leitería, taberna, cerámica, cestería, serraría, zona de repasado e costura, obradoiro de carpintería, unha escola, un pozo, e como non, a Virxe María, San Xosé e o Neno Xesús, acompañados dos Anxos. Tampouco faltaban os animais, entre os que podíamos atopar a mula e o boi, ponis, galiñas, coellos, cabras, ovellas…

“Dar as grazas á Asociación de Mulleres Rurais San Bieito de Gondomar e aos veciños voluntarios en especial a Irene, Celeste, Victoria Carmen e Moreno, polo voso traballo non remunerado… sen esquecer o traballo dos anos anteriores… Para o ano máis e mellor. Moitas grazas a todos”, destacan desde o Concello.

Anuncios