
A semana pasado o Baíña FS tivo a oportunidade de participar no torneo de Nadal do Leis Pontevedra. O club baionés acudiu ao torneo con varios equipos cos cales viviron dúas xornadas de gran fútbol sala.
Ademais o Baíña FS foi galardoado co premio á deportividade outorgado ao club polos valores mostrados dentro e fóra da pista. Foron escollidos polo Comité arbitral e obsequiados coa camiseta de árbitros conmemorativa do día da loita contra o cancro de mama. “Eramos moitos equipos polo que é todo un orgullo recibilo”, destacan desde o club.
“Desde o Baíña FS queremos agradecer ao Leis Pontevedra polo premio, toda unha honra este recoñecemento ao vir dunha das mellores escolas de fútbol sala de Galicia. Queremos agradecer tamén aos pais e familiares dos nenos que son tamén parte moi importante deste premio pola gran convivencia durante dous días no torneo”, conclúen.