Inchables, obradoiros infantís e maxia en Baiona

Adrián Conde.

Este martes 2 de xaneiro continúa a programación cultural Bai Nadal 2017. Desde as 15:30 ata as 19:30 horas haberá inchables e obradoiros infantís no Pavillón Municipal de Deportes, e ás 19:00 horas, na Capitanía Marítima de Baiona, Adrián Conde ofrecerá o seu espectáculo “Nadal Máxico: AQ! Adiviña Que…”. Trátase dun espectáculo de maxia distinto, un espectáculo onde o humor e a sátira son os protagonistas. En clave de clown, Adrián Conde imita a actitude dos adultos cando tratan aos nenos, facendo posible, unha vez máis, que riamos de nós mesmos.

Anuncios