O Deportivo da Coruña gaña o I Torneo Infantil de Fútbol 7 do Erizana

FOTO: ERIZANA CF // I Torneo Infantil de Fútbol 7.

O Deportivo da Coruña proclamouse campión do I Torneo Infantil de Fútbol 7 organizado este sábado polo Erizana Club de Fútbol. A competición desenvolveuse no campo de fútbol de Val de Martín, en Baredo, coa fase de grupos pola mañá e a fase final pola tarde.

O Celta de Vigo foi o subcampión, seguido do Ribera e o Coya en terceira e cuarta posición respectivamente. O trofeo ao mellor xogador foi para Cid e o de máximo goleador para Edu, ambos os dous do Celta. Marcos do Deportivo recibiu o trofeo como mellor porteiro.

Neste I Torneo Infantil de Fútbol 7 tamén participaron os equipos do Erizana, Chapela, San Miguel, Val Miñor, Vila do Corpus, Valladares, Atios, Domayo, Tomiño e Sárdoma.

Anuncios