Anuncios
Ticker de novas

Entran a roubar no Centro Cultural de Vincios

FOTO: AVV GALIÑEIRO // Algúns dos desperfectos causados.

Igual que o turrón vén polo Nadal, os ladróns volveron visitar o Centro Cultural de Vincios. Esta noite os amigos do alleo entraron no edificio, causando danos en dous portalóns e na porta da oficina da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.

Segundo informan desde a entidade gondomareña, tentaron entrar por un dos portalóns, e ao non conseguilo forzaron outro. Xa no interior, romperon a porta do despacho. “Foron directamente á oficina da Asociación de Veciños, onde a última vez levaron 3.000 euros dun caixón”, sinalou a presidenta.

Nesta ocasión, non conseguiron facerse con ningún botín, xa que saltou a alarma. A Asociación xa tramitou a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Gondomar.

Anuncios