Coma colofón ao ano 2017 disputouse no campo do Aral un partido entre os ex xogadores do Erizana Club de Fútbol das xeracións do 1978/81 e a do 1982/85.
Os xogadores disputaron un igualado partido (3-3 no marcador) que alcanzou o seu culmen con unha ofrenda floral ao busto de Fredo, o utilleiro co que ambas xeracións compartiron vestiario.
Un bonito homenaxe para acabar o ano co que o Erizana Club de Fútbol fai gala da lembranza das súas personaxes históricas máis relevantes.

