A Asociación Chandebrito 1807 solicitou ao Concello de Nigrán o arranxo urxente do muro de contención da estrada situado na Rúa da Igrexa 5 (no lugar do Sobreiro), por baixo da antiga escola de Chandebrito, achegando fotos do lugar.
Ante o mal estado de conservación do muro que soportaba o firme do viario municipal, rematou cedendo e caeu sobre una viña, ocasionando que a vía sexa máis estreita e insegura.
Postos en contacto coa Concellería de Vías e Obras ante o serio perigo que representa para a circulación viaria, a Asociación recibiu como resposta que a obra realizarase en breve.

