
A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza a súa IV Quedada BTT o próximo domingo 21 de xaneiro de 2018. Ás 9:00 da mañá haberá unha charla informativa e ás 9:30 será a saída desde o Centro Cultural de Vincios con avituallamento no medio do camiño e ao finalizar lavado das bicicletas.
O percorrido será de 27 quilómetros aproximadamente, con trialeiras de dificultade alta e optativa media.
Para participar hai que ser maior de 16 anos e as inscricións, gratuítas, poden realizarse no teléfono 662 528 600.