Este venres 29 de decembro a Agrupación Musical de Belesar e a Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar organizan o Festival Solidario “Un alimento e un xoguete para todos”. Participará o Coro Xuvenil de Belesar, a Coral de Belesar e a Agrupación Musical de Belesar, coa colaboración de Rubén de Lis á guitarra. As doazóns serán entregadas á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona. O festival comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural Municipal de Belesar.
Artículos relacionados
Ribera Povisa anuncia a conversión en indefinidos de 45 contratos temporais de Enfermería
A dirección do hospital Ribera Povisa anunciou a contratación con carácter indefinido de 45 traballadores de Enfermería, que ata o de agora tiñan un contrato temporal. Recoñécese así o esforzo e a dedicación deste grupo […]
Miles de persoas tomaron Baiona para gozar da Arribada
A antigüidade e a modernidade mesturáronse na Festa da Arribada que se celebrou esta fin de semana en Baiona e tanto bufóns, como artesáns, taberneiros, saltimbanquis ou cidadáns vestidos de época, trasladaron á Vila […]
Nigrán estrea na comarca o documental de Roi Cagiao “10 de Marzo”
O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o documental “10 de Marzo” coa presenza do seu director, Roi Cagiao, para establecer un coloquio posterior. A entrada é de balde […]