Este venres día 29 de decembro ás 20:00 horas o coro da Agrupación Musical de Vincios e a propia banda darán un concerto de Fin de Ano no Centro Cultural de Vincios.
O acto comezará coa actuación do coro ás 20:00 horas. A continuación, arredor das 20:30, a banda ofrecerá o seu concerto no que contará coa colaboración do actor Nani Matos e do Coro da Escola.
Ese día farase unha recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para os refuxiados do Pobo Saharauí. Ademais, celebrarase o sorteo de dúas cestas de Nadal entre os socios da Asociación da A.M de Vincios.

